Posted by barjacoba
at 08:27 AM on December 23, 2008
Como supoño que saberedes, o
galego co que escribo nesta páxina éo galego normativo, o estándar, que é unha
mezcla de rasgos de distintos sitios, para que todos os galegofalantes poidan
sentirse máis ou menos identificados. O galego divídese en tres áreas ou
bloques dialectais: o occidental, o central e o oriental, que inclúe o galego
falado en Sanabria.
Pois ben, como mostra dos rasgos de cada un dos bloques editouse en 1996 o
audiolibro A nosa fala: bloques e áreas lingüísticas do galego, con
textos e gravacións de entre mediados dos 70 e mediados dos 90 do pasado
século. Na parte do bloque oriental hai textos e gravacións de A Mezquita,
Hermisende, Lubián... e todos eles poden consultarse na web ou descargarse en
formato pdf: http://www.consellodacultura.org/arquivos/asg/anosafala.php
Eu xa o coñecía pero non me dera conta antes de poñelo nos enlaces. É moi
interesante e ten moitos contos e historias que estou segura de que vos gustarán
:-)