Posted by barjacoba
at 02:54 PM on December 22, 2008
|
O 11 de decembro publicouse un novo informe sobre a aplicación da Carta europea das lenguas rexionais ou minoritarias en España. O Consello de Europa, a través do seu Comité de Expertos, recomenda ás autoridades españolas que adopten medidas, en colaboración cos falantes, para a protección e promoción do galego en Castilla León, e solicita que aclaren a situación desta lingua na comunidade castelano-leonesa.
Ademais, entre outras cousas, insta ás autoridades a "reconocer la identidad específica del gallego-asturiano a través de la promoción de la lengua y la cultura que éste representa?" e pide información sobre a aprobación do novo estatuto de Castilla León onde se contempla o leonés como lengua protexida.
No informe, aparte de analizar a situación do resto das lenguas faladas en España, piden ao Goberno de Aragón que tome medidas para adopte un marco xurídico específico para proteger as linguas aragonesa e catalana en Aragón, e recalcan que o Goberno de Aragón incumpriu as recomendacións que o Comité de Ministros fixo no 2005.
Esperemos que as autoridades fagan caso destas recomendacións e que todas estas medidas urxentes se poñan en prática o antes posible.
Categories: None
Get a Free Website at Webs.com!