Barjacoba de Sanabria

Un paraíso natural

Ultimas noticias

view:  full / summary

O curro dos lobos espera ser declarado Ben de Interese Cultural

Posted by barjacoba at 11:00 AM on December 24, 2007 Comments comments (0)
O PSOE propón á Comisión de Cultura e Turismo que o "curro dos lobos" de Barxacova e o "cortello dos lobos" de Lubián sexan declarados Ben de Interese Cultural, como conxunto etnolóxico. Sinalan que trampas para lobos coma estas se atopan tamén en Galicia, Cantabria, Navarra, o norte de Portugal e Castela e León, e que teñen distintos nomes dependendo da zona e da forma. Os de Lubián e Barxacova son do tipo chamado "foxo de cabrita".
Na Opinión de Zamora e no Norte de Castilla tendes máis información.

Crease a Mancomunidade da Alta Sanabria

Posted by barjacoba at 11:08 AM on December 05, 2007 Comments comments (0)
Os catro municipios da Alta Sanabria (Pías, Porto, Hermisende e Lubián), constituen a Mancomunidade da Alta Sanabria, con Felipe Lubián como presidente, co propósito da mellora da situación da zona. "La opinión de Zamora" informa do seguinte: "El primer objetivo de la nueva Mancomunidad de la Alta Sanabria será la adquisición de maquinaria con subvenciones que de otra forma los ayuntamientos no recibirían. Las gestiones de los alcaldes ya han permitido la concesión de dos dumper-barredoras (una para Hermisende y Lubián, y la otra para Porto y Pías). Además se gestionará el contrato para la recogida de basuras en los cuatro pueblos, intentando que los que ya tienen este servicio no sufran un incremento de costes."
Podedes ver máis información aquí.

Mellora da carreteira de Barxacova

Posted by barjacoba at 01:08 PM on September 20, 2007 Comments comments (0)

O ano pasado a Junta aprobou seis millois para mellorar o firme de varias carreteiras de Zamora. Para as de Barxacova (ZA-101) e Porto (ZA-102) a inversión será de uns 4,3 millois de euros. Segundo "La opinión de Zamora", "el proyecto prevé el ensanche de la plataforma, saneamiento y refuerzo de firme, ampliación de las obras de fábrica y drenajes existentes aunque también se prestará especial atención al tratamiento de las intersecciones y accesos, sobre todo con la N-525 y acondicionamiento de las travesías existentes con obras de pavimentación, construcción de aceras y bordillos, saneamiento, drenajes, telefonía, alumbrado, electricidad y también se mejorará la señalización horizontal y vertical ". Agora só queda esperar a que empecen as obras...

Cen sendeiristas da Asociación Cultural Via Auria visitan Barxacova

Posted by barjacoba at 07:06 PM on May 08, 2007 Comments comments (0)

O sábado 5 de maio cen sendeiritas da Asociación Cultural ourensana Via Auria visitaron Barxacova e foron polo camiño tradicional a Porto:

"Auga, milleiros de flores, formacións xeolóxicas grandiosas, dúcias de lagoas con coros de rás, dúcias de corzos choutando moi preto de nós?neve no cumio de Trevinca, montañas vestidas coas galas violáceas das ericas?milleiros de paxaros cantaríns que case podes tocar coa man? Por non falar da amabilidade dos veciños de Barjacoba" (Elena, Via Auria)

Tendes máis información e fotos nas seguintes páxinas, que vos recomendo a todos, merecen moitísimo a pena:

http://www.viaauria.com/presentacion/Zamora/claude.htm

http://galicias.com/viaauria/2007-05-05zamora/index.htm

Próximamente máis información...

A ruta do Macizo de Peña Trevinca pasa por Barjacoba e Pías

Posted by barjacoba at 01:25 PM on April 11, 2007 Comments comments (0)


O Grupo de Acción Local Leader Plus Peña Trevinca está a crear a Gran Ruta do Macizo de Peña Trevinca, de 188 km, que pasa por Barjacoba e Pías:

   

Pías rexeita o trasvase e a minicentral no río Barjacoba

Posted by barjacoba at 10:38 AM on September 01, 2006 Comments comments (0)

A alcaldía de Pías traslada a Medio Ambiente o proxecto de trasvase do Barjacoba. Un empresario de Madrid e Endesa loitan pola concesión de 1.000 e 1.800 litros por segundo respectivamente do caudal do río Barjacoba, sen ter en conta as consecuencias, os grandes danos ecolóxicos que causaría na zona.

            O río ao seu paso por  Barjacoba

Coincido co comentario de Alejandra Vicente al respecto,escrito na páxina de noticias de ya.com:

Los vecinos de Pías nos oponemos a la construcción del embalse del río Barjacoba. Pías constituye un paraíso medioambiental de los ya poco existentes en España y queremos que siga siendo así. La construcción de un embalse, sin duda, a mayor o menor medida, alterará la existencia de corzas, nutrias, aguilas, jabali, trucha, zorros, diversos tipos de culebras, y el resto de especies de flora y fauna locales. El impacto económico de la pequeña presa es mínimo comparado con el daño medioambiental que causará al pueblo y el valle en el que Pías se encuentra.

A ruta de Don Quijote de Sanabria

Posted by barjacoba at 10:31 AM on June 01, 2006 Comments comments (0)

O roteiro, froito dun traballo de investigación de 50 anos, converteuse en ruta turística e está apoiado polas institucións. A proposta do catedrático xabrés(sanabrés en castelán) Leandro Rodríguez (plasmada no seu libro Cervantes en Sanabria: Ruta de Don Quijote de la Mancha, editado por Semuret) demostra que o escenario e os personaxes de El Quijote están baseados no territorio zamorano nun 90%. Tamén afirma que Miguel de Cervantes Saavedra era de orixe xudía nacido en Sanabria, na aldea de Cervantes, aldea que aínda existe e da que hai noticias desde o século XII; aínda que naquela época pertencía ao territorio leonés ("En un lugar de las montañas de León tuvo principio mi linaje..."-afirmó Cervantes). Así mesmo, sinala que o apelido Saavedra é común na Alta Sanabria. Son moitos os lugares da zona que aparecen no Quijote: a cova de Montesinos, a fervenza de Sotillo, as sete lagoas, o grande lago, a Serra Negra e o mosteiro de San Martín de Castañeda (onde se inspirou Unamuno para escribir San Manuel Bueno, mártir) figuran entre as innumerables coincidencias que sitúan camiños, carreiros, aldeas, rúas e paisaxes como o escenario que narra Cervantes no Quijote.

      

César Brandariz, un estudoso galego da obra de Cervantes tamén o reflexa no seu libro Cervantes decodificado: las raíces verdaderas de Cervantes y de Don Quijote y los tópicos que las ocultan (2005). Hai pouco vin un especial sobre Cervantes no programa "Cuarto milenio" onde o comentaban, así que parece que a cousa marcha.

Nunha entrevista no periódico ourensano "La Región", César Brandariz fala da orixe galega do apelido Saavedra: "Este apellido ha sido estudiado y rastreado con lupa por estudiosos de Cervantes americanos, alemanes, españoles, por eruditos que han intentando encontrar un ascendente Saavedra en donde se dice que nació, Alcalá de Henares. Y no se ha encontrado ni uno solo. Miguel de Cervantes no tiene nada que ver con Alcalá de Henares, excepto que tuvo allí unos tíos lejanos con los que mantuvo contacto cuando se fue a vivir a Madrid. Luis Astrana, que redactó una monumental biografía sobre Cervantes, reconoce sus apellidos gallegos. Y cabe recordar que Sanabria era antes parte de Galicia."

A estación de esquí de Peña Trevinca

Posted by barjacoba at 11:02 AM on April 30, 2006 Comments comments (0)

Os empresarios galegos de A Veiga apoian o proxecto de construción da estación de esquí de Peña Trevinca, que inclúe construír os accesos por Porto e Pías. Na base da montaña ubicaríanse os hoteis e vivendas, ademais de zonas para equitación, sendeirismo e outras actividades. Os grupos ecoloxistas e asociacións montañeiras están en contra do procecto. Sinalan o deterioro que isto suporía nunha zona onde non están garantidas suficientes precipitacións de neve (polo que só podería funcionar con grandes achegas de neve artificial) e critican o impacto nas cabeceiras do río Bibei (que discorre por Porto e Pías), do Xares e os lagos glaciares limítrofes do P.N. do Lago de Sanabria.

O que habería que impedir é que se comenzasen as obras que finalmente non se levanse acabo o proxecto, un caso semellante ocorreu hai uns anos cun pantano no vale de Ara, no Pirineo aragonés, e aínda hoxe loitan por recuperarse do dano ocasionado. Mesmo dinamitaron as casas, das que só fican os muros, para impedir que os veciños volvesen. E todo por culpa dunha obra que non chegou a realizarse...

Quéimanse 650 hectáreas de superficie forestal no incendio de Barjacoba de agosto de 2005

Posted by barjacoba at 11:59 AM on April 29, 2006 Comments comments (0)

O lume, procedente de Ourense, atinxiu a estrada que vai ata a aldea, os bombeiros fixeron un tornalumes á entrada pero fóiselles das mans. Foi noticia a nivel nacional, aínda que os medios de comunicación louvaron o labor dos bombeiros, sen sinalar que foron os propios veciños os que se viron obrigados a sacarlles os utensilios e apagar o lume. Ademais, cando xa  case o apagaran, deixaron aos bombeiros vixiando pola noite, e cando voltaron se reavivara, causando grandes danos que se podían ter evitado.

Foto enviada por Seve

Veciños de Barjacoba expoñen ao presidente da Junta as deficiencias sanitarias da zona

Posted by barjacoba at 11:43 PM on April 28, 2006 Comments comments (0)

Os familiares de Cecilia Fernández, que faleceu sen recibir a atención reclamada, relatan nunha carta dirixida a Juan Vicente Herrera os custosos desprazamentos ata Zamora e Salamanca. Cecilia tíñase que erguer ás cinco da mañá para recibir tratamento de telecobaltoterapia en sesión de 26 días, tornaba a casa algúns días preto das 12 da noite; e ao día seguinte tiña que volver, polo que non tiña case tempo para descansar.

Os familiares pregúntanse se non fose mellor para todos ingresala durante os ciclos de tratamento. Ademais, non recibiron ningunha axuda para pagar o desprazamento de 170 quilómetros desde Barjacoba a Zamora, que supuña un gasto de 150 euros de taxi. Polo contrario, se un veciño de Morales del Vino (Zamora) ten que desprazarse por asuntos médicos a Salamanca (que está a só 30 quilómetros), si se lle paga o desprazamento, por tratarse doutra provincia.


« View Newer Posts | View Older Posts »

Rss_feed

Get a Free Website at Webs.com!