Barjacoba de Sanabria

Un paraíso natural

Benvidos á páxina web de Barxacova (Barjacoba de Sanabria)

Barxacova, ou Barjacoba, é unha bonita aldea situada entre montañas que pertence á comarca de Sanabria. Está no noroeste da provincia de Zamora, limitando con Ourense, León e Portugal. É o máis alto de toda a provincia, cunha altitude de 1.280 metros. Pertence ó concello de Pías, igual que Villanueva de la Sierra, e as festas son a primeira fin de semana de xullo. A lingua que se fala é o galego, inda que cuns rasgos peculiares, reflexados no estudo "El habla de Barjacoba" (1976), feito por Eleuterio Carracedo Arroyo.

Áchase no Parque Natural do Lago de Sanabria e arredores, onde está o maior lago de España de orixe glaciar (mede 3,5 km de longo e 1,3 de ancho medio). O lago está enmarcado polas serras Segundera e Cabrera e rodeado de 35 lagoas, xunto as que vive unha variada flora e fauna autóctona que fan desta zona un paraíso natural; ademais, as súas augas están consideradas entre as máis limpas dos lagos de Europa. O máis característico de Barxacova son as súas idílicas paisaxes e "o curro dos lobos", unha singular trampa para lobos que espera ser declarada Ben de Interese Cultural.

Como chegar?

Para acceder a Barjacoba desde Puebla débese tomar a autovía A-52 en dirección a Ourense. Tras atravesar o túnel da Canda hai que desviarse no cruzamento de Vilavella e continuar en dirección a Porto ata chegar ó indicador de Barjacoba. Mapa 

Barjacoba Sanabria Barjacoba Sanabria Barjacoba Barjacoba SanabrSanabria Barjacoba Barjacoba Barjacoba SanabriaBarjacoba Barjacoba  Barjacoba Barjacoba ia